Novas

Este verán paseaba co meu can pola praia. Aire, mar, sol. Os cans tamén necesitan praia. De lonxe vexo a unha familia con dous nenos e unha perriña da mesma raza que o meu, de tan só sete meses, contenta, con ganas de xogar. Achegouse correndo, cheiráronse, gustáronse e metéronse na auga. Mentres xogaban no mar, o máis pequeno dos nenos preguntoume:
– Como se chama?
– Maio, e a túa?
– Kira. Tróuxonola Papá Noel. É filla do can de Papá Noel.
E iluminóuselle a cara.
– Caramba! Que sorte! Por iso é tan bonita.
Sorriu orgulloso e puiden ver nel como o Nadal duro todo o ano.
Ver imaxe

Ver catalogo de lotes, cestas e bauis