Novas

Colaboramos coa Formación Profesional Dual apoiando coa posibilidade de obter máis alcance teórico e práctico, a quen elixe esta modalidade de aprendizaxe, ofrecéndolles complementar os seus coñecementos da forma máis práctica nas nosas tendas.

O pasado mes de abril, uniuse ao noso equipo de tenda de Plenus Remedios, Mery que, igual que Claudia e Huseyn en marzo, está a realizar as súas prácticas do ciclo formativo de grao medio de Comercialización de Produtos Alimentarios do CIFP Portovello, ata agosto.

Grazas aos compañeiros que os apoiarán en e guiarán durante este período formativo, poderán poñer en práctica todo o aprendido durante o curso.

Benvidos a Grupo Cuevas!