Novas

Durante a mañá do 20 de novembro, o equipo de Plenus Camelias, en Vigo, acolleu a visita do alumnado de 1º de primaria do Colexio Labor. Os pequenos tiveron a oportunidade de descubrir todo o que fai único a este supermercado do barrio vigués en dúas quendas.   

Desde Grupo Cuevas apreciamos e apoiamos a importancia de que os nenos e nenas coñezan e valoren a súa contorna. Durante a visita exploraron as seccións de produto fresco como a peixaría, a frutería e a carnicería, aprendendo en cada parada de onde veñen todos eses alimentos que chegan á neveira das súas casas. Como sempre, esta visita foi unha experiencia moi enriquecedora tanto para eles como para nós.