Print

Espinacas á crema con gambas

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 150 g espinacas
  • 1/2 vaso (100 mL) leite
  • 50 g gambas
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • noz moscada
  • pementa branca

Instructions

  • Cocer as espinacas en auga con sal. Escorrer e reservar. Nunha tixola con aceite refogar as gambas. Para facer a bechamel quentar aceite nun cazo e engadir fariña, remover e engadir o leite. Remover ata que espese. Engadir sal, pementa e noz moscada ó gusto. Engadir as gambas e as espinacas, deixando cocer un minuto máis.

Notes

Vantaxes:
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.
Inconvenientes:
O ferro de orixe animal absórbese mais facilmente que o presente nos vexetais. Por tanto, para un bo aporte de ferro é necesario o consumo de alimentos de orixe animal.