Print

Plátano con salsa de chocolate

Course Sobremesa

Ingredients

  • 1 (150 g) plátano
  • 25 g chocolate negro
  • 50 mL leite desnatado

Instructions

  • Pelar o plátano e cortar en dous. Nun cazo ferver o leite e fora do lume engadir o chocolate cortado. Desfacer e botar por riba do plátano para servir.

Notes

Vantaxes:
O plátano é moi rico en potasio, que é enerxizante, polo que é moi recomendado o seu consumo en nenos, deportistas e persoas con moito traballo. Ten poucas calorías, pero é rico en hidratos de carbono.
O chocolate é un alimento graxo. Atribúenselle efectos terapéuticos gracias á presencia de antioxidantes, como os polifenoles, taninos, flavoniodes e fitoesteroles. Estas substancias son bos cardio protectores, teñen alto poder anticoagulante, diminúen os niveis de LDL e regulan a presión arterial. O cacao ademais contén teobromina, substancia que exerce unha acción tónica sobre o organismo, estimula a circulación sanguínea e ten poder diurético.
Inconvenientes:
O plátano debe consumirse maduro, porque do contrario é moi indixesto