Arroz con verduras
Ingredients
- 80 g arroz
- 50 g cabaciño
- 1 (40 g) cenoria
- 25 g pemento vermello
- 20 g chícharos
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Cortar a verdura en dados e refogar en aceite. Engadir o arroz e refogar un minuto. Mollar con auga quente en dobre volume có arroz. Poñer os chícharos crús. Dar o toque de sal. Meter ó forno 18 min. a 180ºC.
Notes
Vantaxes:
Con este prato beneficiámonos das propiedades do arroz, sendo un alimento positivo para a prevención e mellora de patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio e á súa excelente dixestibilidade ligada a unha acción astrinxente pola carencia de fibra; e das propiedades das verduras (cabaciño, cenoria e pementos), que aportan ó organismo substancias cunha elevada acción antioxidante, vitaminas do grupo B, A, E, C, e minerais como potasio, fósforo, calcio ou magnesio.