Print

Pementos do piquillo reenchidos

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 1 (125g) pemento do piquillo
  • 1/2 vaso (100 mL) leite
  • 20 g xamón cocido
  • 3 culleradas (15 g) salsa tomate
  • 10 g cebola
  • 12 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • pementa branca
  • noz moscada

Instructions

  • Preparar a bechamel: quentar o aceite nun cazo e engadir a fariña. Remover con variña ou batedor manual e engadir o leite quente. Remover ata que ferva e espese. Picar o xamón cocido en dados pequenos, engadir á bechamel e remover. Coa axuda dunha culler reencher os pementos. Quentar no forno uns minutos a 180º. Pódense acompañar con salsa de tomate.

Notes

Vantaxes:
Os hidratos de carbono son o compoñente maioritario dos pementos. Tamén teñen un elevado contido en auga e o seu contido en lípidos é moi escaso, isto fai que o seu valor calórico sexa baixo. É un dos alimentos máis ricos en vitamina C, incluso proporciona o dobre desta vitamina que a laranxa. Pero tamén é rico en carotenos, como o beta-caroteno ou provitamina A. Ademais, como as verduras en xeral, os pementos son ricos en fibra. E en canto ós minerais, contén, principalmente, fósforo, potasio, magnesio e calcio.