Print

Arroz á criolla

Course Segundo prato

Ingredients

  • 80 g arroz
  • 60 g peituga polo
  • 40 g salsa tomate
  • 70 mL caldo ave
  • 30 mL auga
  • 1/3 (50 g) pemento verde
  • 20 g cebola
  • 1 dente (4g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • colorante alimentario
  • perexil picado
  • sal ao gusto

Instructions

  • Refogar a lume vivo o polo cortado en dados nunha cacerola baixa ou paelleira. Reservar. Refogar as verduras e rustrir o arroz na mesma cacerola. Engadir o tomate en salsa e o polo dourado. Mollar co caldo ou auga (dobre de caldo que de arroz), dar o punto de sal e deixar cocer 20 minutos.

Notes

Vantaxes:
Este prato combina os beneficios do arroz e da carne de polo.
O arroz é rico en hidratos de carbono (fundamentalmente amidón), contén vitaminas do grupo B, fósforo e potasio. Por outra parte, a carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.
Inconvenientes:
No proceso de refinamento e pulido do arroz, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando convertido nun alimento sobre todo enerxético.