Print

Arroz branco con champiñóns

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 80 g arroz
  • 75 g champiñóns enlatados
  • 75 g salsa tomate
  • 50 mL caldo de ave
  • 40 mL auga
  • 11 g cebola
  • 8 g xamón cocido
  • 1 dente (4g) allo
  • 1 cullerada (8mL) aceite oliva
  • loureiro
  • perexil picado
  • sal ao gusto

Instructions

  • Refogar, nunha cazola coa metade do aceite, o allo e a cebola picada. Engadir o arroz e mollar co caldo de carne quente. Poñer sal e loureiro e deixar cocer ó forno 20 minutos a 180ºC. Nun cazo á parte, refogar a lume vivo os champiñóns en aceite e engadir o xamón en dados, e a salsa de tomate. Deixar cocer varios minutos. Presentar o arroz branco cocido e sobre este a salsa de champiñóns co xamón. Cubrir con perexil.

Notes

Vantaxes:
O arroz é rico en amidón, contén vitaminas do grupo B, fósforo e potasio. É un alimento positivo para a prevención e a mellora dalgunhas patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. A excelente dixestibilidade do arroz, ligada a unha acción astrinxente (debida a carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite. A isto hai que sumarlle as propiedades antioxidantes dos champiñóns, debidas á ergotioneína.