Print

Arroz con coello

Course Segundo prato

Ingredients

  • 120 g coello
  • 1/2 vaso (100mL) caldo carne
  • 50 mL auga
  • 50 g salsa tomate
  • 60 g arroz
  • 15 g pemento verde
  • 15 g pemento vermello
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • colorante alimentario

Instructions

  • Limpar e cortar o coello en anacos grandes. Nunha paelleira ou cacerola baixa saltear o coello nun pouco de aceite. Engadir os pementos e o allo. Engadir o arroz refogando un minuto e engadir o tomate e o caldo de carne en dobre volume de arroz. Poñer a punto de sal e meter ó forno 18 minutos a 180ºC.

Notes

Vantaxes:
O arroz é rico en hidratos de carbono (fundamentalmente amidón). Contén vitaminas do grupo B, fósforo e potasio. O arroz é un alimento positivo para a prevención e melloría dalgunhas patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio.
A carne de coello está recomendada en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol, e en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota. É magra e branda, polo que resulta fácil de mastigar. Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ao resto de carnes. En canto ós minerais destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, en fósforo e en calcio. Ademais o aporte de sodio é moderado, polo que o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión. A carne de coello presenta vitaminas do grupo B.