Print

Medallóns de peixe sapo con lagostinos ó allo

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g peixe sapo
  • 50 g lagostinos
  • 1 pequena (70g) pataca
  • 50 mL caldo peixe
  • 10 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • caiena
  • perexil picado
  • sal ao gusto

Instructions

  • Nunha tixola, dourar o allo fileteado en aceite coa caiena. Engadir o peixe sapo con sal e rebozado en fariña. Dar a volta e engadir os lagostinos. Mollar con caldo de peixe e deixar cocer uns minutos. Cubrir con perexil picado. A pataca cócese á parte cortada en rebandas e colócanse baixo o peixe sapo ó empratar.

Notes

Vantaxes:
O peixe sapo é un peixe branco. Igual ca os lagostinos, contén proteínas de alto valor biolóxico e é baixo en lípidos, proporcionándolle un baixo nivel calórico. En canto a outros nutrientes conteñen vitaminas do grupo B, magnesio, potasio, fósforo e iodo. Os lagostinos destacan polo seu aporte de ferro e o seu contido en iodo, sendo tres veces superior ao das gambas.
O peixe sapo é un alimento moi adecuado en dietas hipocalóricas e para os nenos, debido a que é un peixe sen espiñas.
Inconvenientes:
O contido en colesterol dos lagostinos é superior ó doutros mariscos, pero en relación ás cantidades que se consomen e á calidade da súa graxa, este alimento non resulta prexudicial.