Print

Crema de chícharos

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 75 g chícharos
  • 1 pequena (75g) pataca
  • 50 g porro
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 1/2 vaso (100 mL) auga
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Refogar en aceite o porro, engadir a pataca en láminas e mollar coa auga e leite. Cando comece a ferver engadir os chícharos e deixar cocer. Pasar por turmix e chinés. Dar o toque de sal.

Notes

Vantaxes:
O principal compoñente dos chícharos é a auga, destacando tamén o seu contido en hidratos de carbono, vitaminas do grupo B e C, minerais (fósforo e magnesio) e fibra, que aportan numerosos beneficios para o organismo. Estas substancias (en especial a vitamina C, calcio, magnesio, ácidos e fibras solubles) favorecen a circulación do sangue diminuíndo o colesterol. Posúen un efecto regulador do azucre en sangue que intervén no mantemento dos niveis. Aportan proteínas vexetais e minerais construtivos favorecendo o desenvolvemento das células e a súa renovación.