Fideos á mariñeira
Ingredients
- 40 g fideo groso perla
- 40 g gambas
- 40 g mexillóns
- 40 g lura
- 100 mL caldo peixe
- 10 g cebola
- 10 g pemento vermello
- 10 g salsa tomate
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- 1 dente (4g) allo
- perexil picado
- colorante alimentario
Instructions
- Nunha cacerola quentar o aceite e engadir o allo, cebola pemento vermello e tomate. Engadir a lura cortada en tiras pequenas e as gambas peladas. A continuación, engadir os mexillóns sen casca e o caldo de peixe co colorante. Agregar os fideos e deixar cocer segundo o fabricante de pasta. Repousar uns minutos e servir cubrindo con perexil picado.
Notes
Vantaxes:
Este prato combina o aporte en hidratos de carbono da pasta co aporte en proteínas de alto valor biolóxico e en minerais das luras, gambas e mexillóns. Hai que destacar o contido destes alimentos mariños en iodo, ferro, calcio, sodio, fósforo e magnesio. Ademais, é fonte de vitaminas do grupo B, especialmente ácido fólico, e vitamina E. Inconvenientes:
As luras non son recomendables en persoas con colesterol alto e con hipertensión, porque presenta altos porcentaxes desta substancia.