Pescada en caldeirada
Ingredients
- 120 g pescada
- 1 (100g) pataca
- 20 chícharos conxelados
- 15 g cebola
- 15 g pemento vermello
- 15 g pemento verde
- 1 dente (5g) allo
- 3 culleradas (15 mL) aceite oliva
- pementón doce
- perexil
- loureiro
Instructions
- Nunha pota poñer a cocer as patacas en rebandas coa cebola e o pemento vermello e verde. Engadir os chícharos e folla de loureiro. Ós 10 minutos incorporar a pescada limpa e deixar cocer entre 8-10 minutos máis. Á parte preparar unha allada: quentar o aceite, engadir o allo ata que se doure, retirar do lume e engadir o pemento doce procurando que non se queime. Deixar repousar e coar. Presentar a pescada sobre as patacas e engadir a allada ó final.
Notes
Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante comparado coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias comparado coas contidas na maior parte dos peixes.