Print

Espetada de solombo en salsa de setas

Course Segundo prato

Ingredients

  • 100 g solombo porco
  • 50 g setas
  • 30 g pemento verde
  • 30 g cebola
  • 10 g tomate cherry
  • 10 mL caldo carne
  • 10 mL nata
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • pementa branca

Instructions

  • Limpar o solombo e cortar en medallóns. Insertar nunha espetada intercalando carne, pemento verde, cebola e tomate. Adubar as brochetas e marcar na prancha. Para a salsa: rustrir o allo picado en aceite, engadir as setas picadas, despois dun minuto o caldo de carne e a nata. Servir a espetada coa salsa por enriba.

Notes

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.
Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que a carne de vaca ou de cordeiro, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco é aconsellable para os hipertensos e para aqueles que padecen de exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido xa que o abuso de proteínas de orixe animal e de graxas saturadas ten repercusións nocivas na saúde.