Print

Espetada de salmón ás finas herbas

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g salmón fresco
  • 85 g arroz salvaxe
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 5 g fariña
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • ceboliño
  • estragón

Instructions

  • Limpar, filetear e cortar o salmón en dados e insertalos nunha espetada. Á parte, facer a salsa quentando aceite nun cazo, engadir a fariña e cociñar un minuto. Mollar co caldo de peixe remover coa variña para desfacer os grumos. Poñer a punto de sal e engadir as herbas aromáticas. Cocer o arroz en auga abundante por separado e refrescar. A continuación, mesturar en frío. Servir o arroz no fondo do prato. Enriba a espetada á prancha e cubrir coa salsa.

Notes

Vantaxes:
O salmón é un peixe azul, cun alto contido en proteínas e ácidos omega 3, que contribúen a baixar o colesterol. Ademais os ácidos graxos omega-3 axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular. Á súa riqueza en graxa fai que o salmón conteña cantidades interesantes dalgunhas vitaminas como A e D, tamén é fonte de magnesio e iodo.
Inconvenientes:
Ó igual que os demais peixes azuis, o salmón presenta o inconveniente de que conter purinas, que no organismo se transforman en ácido úrico, polo que é aconsellable limitar o seu consumo en caso de hiperuricemia ou gota.