Branqueta de ave con arroz
Ingredients
- 150 g peituga polo
- 100 g arroz
- 40 g champiñóns enteiros lata
- 40 g cebola
- 50 mL leite desnatado
- 20 g chícharos
- 6 g fariña
- 1 cullerada (6mL) aceite oliva
- perexil
- pementa branca
- sal ao gusto
Instructions
- Cocer a peituga de polo en auga. Escorrer e cortar en dado (de 25 g cada un aproximadamente). Para preparar a salsa (como unha brechamel), refogar no aceite a cebola picada sen que tome cor, engadir a fariña, posteriormente o leite quente e a misma cantidade de auga de cocer a peituga. Dar o punto de sal e pementa. Introducir as peitugas de novo na salsa e engadir os chícharos cocidos e os champiñóns. Acompañar de arroz branco ó forno.
Notes
Vantaxes:
A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B e tamén é rica en minerais. O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O arroz é un alimento positivo para a prevención e avance dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Inconvenientes:
No proceso de refinamento e pulido do arroz, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando convertido nun alimento sobre todo enerxético.