Print

Espaguetis con setas

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 75 g espaguetti
  • 50 g setas
  • 50 g nata
  • 10 g queixo relado
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • pementa branca

Instructions

  • Cocer a pasta en auga fervendo con sal o tempo que indique o fabricante. Escorrer e refrescar. Nunha cazola quentar aceite e engadir as setas moi picadas. Deixar cociñar uns minutos e engadir a nata deixando cocer 5 min. máis. Mesturar a pasta coa salsa e salpementar. Cubrir con queixo.

Notes

Vantaxes:
As principais características da pasta son ó seu gran aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e ó seu baixo contido en graxas.
As setas conteñen un 90% de auga, hidratos de carbono e fibra, polo que se recomenda en dietas de adelgazamento. Son ricas en vitaminas do grupo B, potasio, fósforo, iodo, calcio, e outras substancias beneficiosas para o organismo.