Print

Espinacas á crema con taquiños de xamón

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 150 g espinacas
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 25 g xamón serrano
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • 6 g fariña
  • noz moscada
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cocer as espinacas en auga abundante, refrescar e escorrer. Á parte, preparar unha bechamel: quentar o aceite nun cazo e engadir fariña. Remover con variña e engadir leite quente. Remover ata que ferva e espese. Engadir sal, pementa e noz moscada ó gusto. Engadir os taquiños de xamón e as espinacas deixando cocer todo xunto uns minutos máis.

Notes

Vantaxes:
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.
Inconvenientes:
O ferro de orixe animal absórbese máis facilmente ca o vexetal. Polo tanto, para un bo aporte de ferro é necesario o consumo de alimentos de orixe animal.