Print

Crema de setas

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 1/2 vaso (100 mL) auga
  • 75 g setas
  • 40 g porro
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • ceboliño
  • sal ao gusto

Instructions

  • Nun cazo refogar en aceite de oliva a parte branca do porro sen que tome cor. Engadir as setas deixando cociñar un par de minutos. Cubrir con leite e auga deixando cocer 15 min. Triturar e pasar por coador chinés. Dar o punto de sal e cubrir con perexil.

Notes

Vantaxes:
As setas conteñen un 90% de auga, hidratos de carbono e fibra, polo que se recomendan en dietas de adelgazamento. Son ricas en vitaminas do grupo B, potasio, fósforo, iodo, calcio, e outras substancias beneficiosas para o organismo.
Recoméndase o consumo de porro polo seu alto contido en sales minerais (potasio, fósforo e calcio). Ademais é aconsellable cando se padece de reuma e anemia, e é un gran axente depurativo para o sangue.