Soia estufada con verduras
Ingredients
- 50 g soia
- 15 g cenoria
- 15 g pataca
- 13 g cabaza
- 13 g cebola
- 10 g porro
- 2,5 g pementa doce
- 1/2 dente (2,5 g) allo
- 1 g comiño
- 0,15 g auga
Instructions
- Nunha cazola cocer todos os ingredientes xuntos. As verduras cortaranse en dados. Cocer ata que a soia estea tenra. Preparar un sofrito con parte da cebola picada, allo e o pemento doce en aceite. Dar o punto de sal e comiño. Deixar repousar.
Notes
Vantaxes:
A soia destaca polo seu elevado aporte de proteínas de alto valor biolóxico, fibra e lípidos, na súa maioría poliinsaturados fundamentais e beneficiosos para a saúde dos vasos sanguíneos e do corazón. Contén lecitina, graxa que se emprega como complemento dietético e aditivo emulsionante. Comparado co resto dos legumes, a soia aporta maior cantidade de minerais e vitaminas. Ademais presenta isoflavonas que son substancias antioxidantes moi beneficiosas para o organismo.