Print

Robaliza ás costas

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g robaliza
  • 1 (100g) pataca
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (10mL) vinagre
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • caiena
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar e filetear a robaliza. Marcar no ferro e poñer nunha placa de forno. Á parte fritir o allo fileteado coa caiena no aceite de oliva e cando estea fritido verter sobre a robaliza e engadirlle o vinagre, cubrir con perexil e meter ó forno 8 min. a 180ºC. Servir sobre patacas cocidas en rebandas.

Notes

Vantaxes:
A robaliza é un peixe branco, cun aporte de lípidos moi baixo. Isto, ligado ó subministro de proteínas de alto valor biolóxico, fai deste peixe un dos alimentos con maior valor nutritivo. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B, capaces de regular o aproveitamento dos nutrientes enerxéticos. Aporta minerais como potasio, fósforo, ferro, sodio e magnesio, substancias que interveñen na regulación do sistema nervioso, a actividade muscular, o equilibrio de auga na célula, formación de ósos e dentes, procesos de obtención de enerxía e sistema dixestivo.