Print

Codorniz estofada

Course Segundo prato

Ingredients

  • 180 g codorniz
  • 60 g cenoria
  • 60 g champiñóns
  • 1/2 (60 g) cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 50 mL viño tinto
  • 1 vaso (200mL) caldo carne
  • 1 (100g) pataca
  • 10 g pemento vermello
  • 3 culleradas (15mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar e chamuscar a codorniz. Pasala por fariña e fritir ata dourar. Nunha pota refogar en aceite de oliva o allo, cebola, pemento vermello, cenoria (cortado en dados). Engadir a codorniz e mollar co viño tinto, deixar evaporar o alcol e engadir o caldo ata cubrir. Tapar a pota e deixar cocer suavemente ata que estean tenras. Antes de retirar engadir os champiñóns. A pataca córtase en dados e se frite un pouco antes de poñer a cocer coa codorniz.

Notes

Vantaxes:
A carne de codorniz é das menos calóricas, grazas ao seu menor contido en graxa; e é rica en proteínas, ata en maior cantidade que a carne de polo ou de pavo. Presenta unha baixa porcentaxe de colesterol, polo que esta carne pode substituír a outras máis graxas. En canto aos minerais destaca o seu elevado contido en ferro. E a carne de codorniz é unha boa fonte de vitamina B1, B2 e B6.