Print

Man de tenreira con chícharos

Course Segundo prato

Ingredients

  • 120 g cuarto dianteiro tenreira guisar
  • 1 pequena (75g) pataca
  • 50 g salsa tomate
  • 60 mL viño branco
  • 150 mL caldo carne
  • 30 g chícharos
  • 30 g cebola
  • 30 g cenoria
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g pemento verde
  • 20 g porro
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cortar a carne en anacos non moi grandes, salgar e dourar nunha tixola cun pouco de aceite moi quente. Pasar a unha pota. Na mesma tixola, dourar as verduras picadas en dados non moi pequenos. Engadir viño á carne e deixar reducir. Engadir as verduras e o tomate. Mollar co caldo e cocer ata que a carne estea tenra. As patacas córtanse en dados e frítense lixeiramente para engadir, case ó final da cocción, á carne.

Notes

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta sa e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro. Os chícharos compóñense fundamentalmente de auga, pero destacan os hidratos de carbono, vitaminas do grupo B e C, minerais (fósforo e magnesio) e fibra, que aportan numerosos beneficios para o organismo. Estas substancias (en especial a vitamina C, calcio, magnesio, ácidos e fibras solubles) favorecen a circulación do sangue diminuíndo o colesterol. Posúen un efecto regulador do azucre en sangue que intervén no mantemento dos niveis. Aportan proteínas vexetais e minerais construtivos favorecendo o desenvolvemento das células e a súa renovación.