Filete de rapante á galega
Ingredients
- 150 g filete rapante
- 1 (100g) pataca
- 20 g chícharos
- 10 g cebola
- 2 dentes (10g) allo
- 3 culleradas (15mL) aceite oliva
- sal ao gusto
- pementón doce
Instructions
- Cocer en auga con loureiro e cebola, as patacas cortadas en rebandas grosas. Ós 8 min. engadir o peixe e cocer 5 minutos máis dependendo do grosor. Por separado, preparar unha salsa co aceite, allo e pementón. Servir o rapante enriba das patacas acompañado por chícharos cocidos á parte e a salsa por riba.
Notes
Vantaxes:
O rapante é un peixe branco de moi baixo contido graxo. Aporta proteínas dun elevado valor biolóxico, pero o seu contido neste nutriente é inferior ó da maioría de peixes. En relación ás vitaminas, destaca a presenza da B6 e B9. En canto ós minerais cabe destacar o contido de fósforo, potasio, magnesio e iodo, aínda que as súas cantidades non son moi elevadas comparándoas coas presentes noutras especies.