Print

Crema de champiñóns

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 100 g champiñóns
  • 1/2 vaso (100 mL) auga
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 75 g pataca
  • 35 g porro
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • ceboliño
  • sal ao gusto

Instructions

  • Refogar en aceite o porro e a pataca en láminas sen que tome cor. Engadir o leite e a auga deixando cocer 15 min. Triturar e pasar por chinés. Dar punto de sal e cubrir coa ceboliña.

Notes

Vantaxes:
O champiñón é un dos fungos máis consumidos debido ás súas propiedades remineralizantes e organolépticas. Non presenta un gran contido en minerais, pero si presenta unha gran variedade dos mesmos. Contén, ademais, pequenas cantidades de vitamina A, C, D e B1. O contido calórico deste alimento é baixo, sendo moi adecuado en dietas depurativas ou para perder peso. O seu aporte de fibra non soluble favorece un efecto saciante. Aporta un contido en graxas moi baixo sendo estas moi saudables (ácido linoleico). E o seu contido en selenio confírelle un efecto antioxidante.