Print

Rosada á galega

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g rosada
  • 1 (150g) pataca
  • 40 g chícharos
  • 20 g cebola
  • 2 dentes (10g) allo
  • 2 culleradas (20mL) aceite oliva
  • 5 g pemento doce
  • 1 folla loureiro
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cocer en auga con laurel e cebola as patacas cortadas en rebandas grosas. Ós 8 min. engadir o peixe e cocer de 7 a 8 minutos máis dependendo do grosor. Á parte, preparar unha salsa co aceite, allo e pemento doce. Servir a rosada enriba das patacas acompañado por chícharos cocidos á parte e a salsa de allo por riba.

Notes

Vantaxes:
A rosada é un peixe branco, e como tal presenta un baixo contido graxo. Ademais é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B. Pero, a cantidade destas vitaminas non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.
Inconvenientes: