Print

Macarróns á carbonara

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 80 g pasta
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 40 g entrefebras
  • 6 g fariña
  • 5 g queixo relado
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • noz moscada
  • pementa branca
  • ao gusto sal

Instructions

  • Cocer a pasta en auga fervendo con sal o tempo que nos indique o fabricante. Refrescar e escorrer. Separadamente, preparar unha bechamel con entrefebras; quentar o aceite nun cazo, engadir as entrefebras en dados, incorporar a fariña removendo con coidado de non tomar cor. Engadir o leite quente. Remover con variña ata que ferva e espese lixeiramente. Engadir sal, pementa e noz moscada ó gusto. Mesturar a salsa coa pasta e cubrir con queixo relado.

Notes

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.
Este prato tamén contén leite, que é un dos alimentos máis completos. Entre os seus compoñentes atopamos vitaminas A, C, e do grupo B, riboflavina e niacina; ademais, de ferro, calcio, e proteínas. O seu consumo habitual diminúe nun 60% o risco de contraer cancro de mama, grazas á lactosa. O seu contido en calcio fai que sexa indispensable para evitar a osteoporose, e o seu contido vitamínico fai que o seu consumo habitual supla un terzo das nosas necesidades diarias.