Acelgas con tomate
Ingredients
- 150 g acelgas
- 60 g salsa tomate
- 15 g cebola
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Cocer as acelgas en auga abundante con sal. Cando estean cocidas escorrer. Refogar a cebola picada no aceite e engadir as acelgas. Agregar a salsa de tomate e deixar facer uns minutos.
Notes
Vantaxes:
O principal compoñente das acelgas é a auga e as porcentaxes dos macronutrientes (proteínas, hidratos de carbono e lípidos) son moi baixas, polo que se converte nun alimento moi recomendado en dietas de adelgazamento. As acelgas son ricas en nutrientes reguladores como fibra, minerais e vitaminas; presenta un elevado contido en folatos, provitamina A e vitamina C. En canto ós minerais, contén potasio, magnesio, sodio, iodo, ferro e calcio. Todas estas substancias aportan numerosos beneficios para o organismo. Ademais contén ácido oxálico, que prevén a formación de cálculos renais e artrites.