Print

Raxo frito

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g lombo porco
  • 1 (100g) pataca
  • 1 dente (5g) allo
  • 5 mL brandy
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • pementa branca
  • ourego
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cortar o raxo en dados e deixar en adubo 24h co allo laminado, brandy, sal, pementa, perexil, ourego e parte do aceite. As patacas córtanse en dados e frítense na fritideira. O raxo frítese con pouco aceite e a lume forte para que doure, moi pouca cantidade xunta para que non coza. Servir en cazola sobre as patacas.

Notes

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.
Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.