Print

Fabas á mariñeira

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 80 g fabas
  • 25 unidades (sen concha) berberecho
  • 25 g mexillóns (sen concha)
  • 25 g gambas
  • 25 g lura
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 20 g salsa tomate
  • 20 g cebola
  • 1 dente (4g) allo
  • 1 cullerada (4mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instructions

  • Remollar as fabas polo menos 12h en auga fría con sal. Cocelas lentamente ata que estean tenras. Á parte refogar no aceite o allo, a cebola, e engadir o pementón e as luras en dados. Engadir as gambas, mexillóns e berberechos. Introducir as fabas cocidas e poñer o tomate e o caldo deixando cocer todo xunto uns instantes. Dar o punto de sal.

Notes

Vantaxes:
As fabas son alimentos ricos en fibra, folatos, potasio e ferro, pero os seus compoñentes principais son os hidratos de carbono. Aportan unha cantidade importante de proteína vexetal, de peor calidade cá de orixe animal, xa que non presentan todos os aminoácidos esenciais. Axudan a previr o estreñimiento, diminuír o colesterol en sangue e manter os niveis de glucosa en sangue grazas ó seu elevado contido en fibra soluble.