Palometa ao forno
Ingredients
- 150 g palometa
- 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
- 50 g pataca
- 50 mL viño branco
- 30 g cebola
- 10 g pemento verde
- 10 g pemento vermello
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- colorante alimentario
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Limpar o peixe e cortar en rodas. Cortar a pataca en rebandas finas e dar un toque de fritura sen que doure moito. Poñer as patacas nunha placa de forno e enriba as verduras picadas e o viño e introducir no forno 15 minutos a 175ºC. Colocar o peixe, con sal, enriba das patacas, regar co aceite de oliva, deixando 10 minutos máis e engadindo caldo de peixe coloreado. Retirar do forno. Decorar con perexil.
Notes
Vantaxes:
A palometa é un peixe semigraxo. Destaca polo seu contido en proteínas, superior ó da grande parte dos peixes, sendo estas de gran valor biolóxico. A palometa tamén aporta diferentes vitaminas e minerais, sendo a vitamina B12 a máis abundante, ata superando os niveis que conteñen ovos e algunhas carnes. Este prato tamén presenta pataca, cuxo principal compoñente despois da auga é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite, ademais é aconsellable o seu consumo debido a súa acción diurética e depuradora.