Print

Puré de verduras

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 90 mL auga
  • 90 mL fondo branco (caldo de polo suave)
  • 70 g pataca
  • 45 g porro
  • 35 g cebola
  • 35 g cenoria
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Refogar en aceite o porro, a cebola e a cenoria sen que tome cor. Engadir a pataca e despois o fondo branco (caldo de polo suave) deixando cocer 20 min. Triturar e pasar por chinés.

Notes

Vantaxes:
A combinación de porro, cebola, cenoria e pataca aporta ó organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C, e minerais tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Ademais presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte ós radicais libres que provocan o envellecemento celular.