Escalopíns de porco á cervexa
Ingredients
- 150 g filete porco
- 100 mL cervexa
- 100 g puré pataca
- 50 mL caldo carne
- 50 g cebola
- 10 g fariña
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Salgar os filetes, pasar por fariña e fritir lixeiramente. Nunha pota rustrir a cebola en aceite, engadir a cervexa e deixar reducir. Mollar con caldo de carne. Cubrir a carne coa salsa e poñer no forno 30 minutos a 175ºC. Acompañar de puré de pataca.
Notes
Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo, excepto o calcio. Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico. Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que a carne de vaca ou de cordeiro, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco é aconsellable para os hipertensos e para aqueles que padecen de exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido xa que o abuso de proteínas de orixe animal e de graxas saturadas ten repercusións nocivas na saúde.