Coliflor con allada e xamón
Ingredients
- 150 g coliflor
- 25 g xamón serrano
- 2 dentes (10g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementón doce
- sal ao gusto
Instructions
- Cocer a coliflor en auga fervendo con sal e reservar. Preparar unha allada de xamón: quentar o aceite, engadir o allo ata que se doure, engadir o xamón en dados, retirar do lume e engadir o pementón doce procurando que non se queime. Verter sobre a coliflor e servir quente.
Notes
Vantaxes:
A coliflor aporta moi pouco valor calórico, sendo adecuada en dietas de adelgazamento. É unha boa fonte de fibra e vitaminas, entre as que destacan os grupos B ou C. Estas particularidades convértena nun bo alimento para incluílo na dieta de mulleres embarazadas xa que favorece o crecemento e desenvolvemento do feto. Tamén aporta boas cantidades de minerais como potasio, magnesio ou fósforo. As súas propiedades diuréticas eliminan o exceso de líquidos polo que proporcionan beneficios para a hipertensión e redución do ácido úrico. As altas porcentaxes de elementos fitoquímicos (glucosinolatos, isotiocianatos, indoles e fibra) favorecen a prevención de enfermidades dexenerativas coma o cancro.