Print

Palometa panadeira

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g palometa
  • 1 (100g) pataca
  • 50 mL viño branco
  • 30 g cebola
  • 10 g pemento verde
  • 10 g pemento vermello
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar o peixe, filetealo ou cortalo en tranchas segundo o tamaño. Cortar a pataca en rebandas finas e dar un toque de fritura sen que doure moito. Poñer as patacas nunha placa de forno e enriba as verduras picadas e o viño, e introducir no forno 15 minutos a 175ºC. Colocar o peixe con sal, enriba das patacas, rociar co aceite de oliva e deixar 10 minutos máis. Retirar do forno. Decorar con perexil.

Notes

Vantaxes:
A palometa é un peixe semigraxo. Destaca polo seu contido en proteínas, superior ó da grande parte dos peixes, sendo estas de gran valor biolóxico. A palometa tamén aporta diferentes vitaminas e minerais, sendo a vitamina B12 a máis abundante, ata superando os niveis que conteñen ovos e algunhas carnes.