Coello guisado con setas
Ingredients
- 150 g coello
- 1 (100g) pataca
- 1/2 vaso (100mL) caldo carne
- 25 g cebola
- 25 g cenoria
- 100 g setas
- 25 g pemento vermello
- 3 culleradas (15mL) aceite oliva
- pementa
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Cortar en anacos o coello. Salpementar. Pasar por fariña e fritir ata dourar. Separadamente, nunha pota rustrir en aceite a cebola picada, o pemento vermello e a cenoria deixando pochar sen que tomen cor. Engadir o coello e mollar con caldo de carne ata que cubra e deixar cocer ata que estea tenro. Cortar as patacas en dados grandes e dar un fritido exterior e a continuación deixalas cocer co coello. Refogar as setas á parte, en aceite e engadir ao guiso.
Notes
Vantaxes:
O coello pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol, en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota.Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. Destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión. Inconvenientes:
Debido a abundancia de fibras musculares o coello é unha carne máis difícil de dixerir, e isto pódeno notar as persoas que sofren de estómago delicado.