Print

Escalopíns de tenreira á cervexa

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g tenreira tapa
  • 1/3 vaso (75 mL) caldo carne
  • 10 g fariña
  • 1/2 vaso (100 mL) cervexa
  • 1/3 (50 g) cebola
  • 50 g arroz
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instructions

  • Salgar os filetes, pasar por fariña e fritir lixeiramente. Nunha pota rustrir a cebola en aceite, engadir a cervexa e deixar reducir. Mollar con caldo de carne. Cubrir a carne coa salsa e poñer no forno 30 minutos a 175ºC. Acompañar de arroz ao forno.

Notes

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.