Print

Guiso de fletán

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g filete fletán
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 25 g cebola
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g pemento verde
  • 15 g salsa tomate
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • colorante alimentario
  • perexil
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instructions

  • Refogar nunha cacerola con aceite a cebola e os pementos en xuliana. Engadir a pataca en dados grandes(3x3). Engadir o pementón, a salsa de tomate e o caldo de peixe coloreado. Cando a pataca comece a estar branda (12min) engadir o peixe limpo de pel e espiñas cocinando 5min máis.

Notes

Vantaxes:
O fletán ou halibut é un peixe branco e sen espiñas, adecuado para dietas baixas en calorías polo seu pobre contido en graxas. Este peixe presenta unha cantidade notable de proteínas de boa calidade e vitaminas do grupo B. O fletán contén tamén vitamina E, cunha importante acción antioxidante. A cantidade desta vitamina no halibut é superior á da maior parte dos peixes brancos. En canto aos minerais destacan o potasio, o magnesio, o fósforo e o iodo.