Arroz á mariñeira
Ingredients
- 70 g arroz
- 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
- 40 g luras
- 40 g gambas
- 40 g mexillóns
- 1 dente (4g) allo
- 10 g cebola
- 10 g pemento vermello
- 10 g salsa tomate
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- colorante alimentario
Instructions
- Nunha paelleira ou similar refogar en aceite o allo, a cebola, o pemento e a lura en tiras. Engadir o arroz e a continuación o tomate e o caldo coloreado. Cando comece a ferver, engadir as gambas e os mexillóns. Meter no forno 18 minutos a 180ºC e repousar 5min. servir no mesmo recipiente. Cubrir perexil picado.
Notes
Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.