Cazola de garavanzos ao pobre
Ingredients
- 70 g garavanzos
- 15 g touciño
- 50 g óso espiñazo
- 80 g pataca
- 40 g cebola
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- loureiro
- pementón doce
- sal ao gusto
Instructions
- Poñer auga a ferver e introducir os garavanzos (previamente remollados 12h). Engadirlle o touciño e o óso. Cando os garavanzos e a carne comecen a estar cocidos, engadir as patacas rotas. Deixar cocer 10-12 minutos máis. Mentres, se prepara un rustrido en aceite con allo e cebola picados, pementón doce e engádeselle ao potaxe case ao final. Comprobar de sal.
Notes
Vantaxes:
O nutriente principal dos garavanzos son os hidratos de carbono, dos cales o amidón é o máis abundante. Presenta un bo aporte proteico, pero sen diferenzas respecto dos demais legumes secos; ademais, son proteínas incompletas por falta de metionina (un aminoácido esencial). O contido que presenta de lípidos é maior ca no resto de legumes, destacando a presenza de ácidos insaturados como son o ácido oleico e linoleico. Os garavanzos presentan un elevado contido de folatos e tiamina, e minerais como calcio, fósforo, ferro, potasio e magnesio; ademais aportan unha gran cantidade de fibra.