Print

Chipiróns na súa tinta

Course Segundo prato

Ingredients

  • 125 g chipirón
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 50 g arroz
  • 50 mL viño branco
  • 50 g cebola
  • 25 g salsa tomate
  • 10 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • tinta lura
  • caiena
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar os chipiróns, salgar, pasar por fariña e fritir lixeiramente e reservar. Nunha cazola refogar o allo, a cebola e caiena en aceite sen que tomen cor. Engadir o pementón, o tomate e o viño. Engadir os chipiróns e o sobre de tinta. Cubrir co caldo de peixe e deixar cocer 30 min. aprx. Acompañar de arroz branco ao forno.

Notes

Vantaxes:
O aporte enerxético do chipirón é baixo e non presenta cantidades significativas de hidratos de carbono. Posúe proteínas de alto valor biolóxico e é rica en minerais como o fósforo e sodio, este último non beneficia ás persoas con hipertensión arterial. Tamén posúe vitaminas como a B3, a B12, vitamina A e D, pero todas en cantidades baixas. O chipirón non é apropiado para persoas que teñan o colesterol elevado, xa que este alimento posúe cantidades altas desta substancia; tampouco se recomenda en persoas con hipertensión arterial.