Xarrete de tenreira guisado
Ingredients
- 150 g xarrete tenreria
- 1 (120g) pataca
- 1/2 vaso (150 mL) caldo carne
- 60 mL viño branco
- 40 g cebola
- 20 g pemento vermello
- 20 g salsa tomate
- 1 dente (5g) allo
- 6 g fariña
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementa
- colorante alimentario
- perexil
- loureiro
- sal ao gusto
Instructions
- Dourar o xarrete nunha tixola con aceite e retirar. Refogar nese aceite as verduras picadas, engadir a fariña removendo ben para evitar grumos. A continuación engadir o viño branco deixándoo reducir e para rematar o caldo de carne; levar a ebullición. Nun recipiente adecuado para forno mesturar o xarrete coa salsa e fornealo a 180 ºC durante unha hora aproximadamente. Nun recipiente a parte poñer as patacas con caldo de carne, salsa de tomate, mollo do xarrete, colorante alimentario e sal, levar primeiro a ebullición e despois asar no forno a 180 ºC durante 25 minutos.
Notes
Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.