Patacas con mexillóns en salsa verde
Ingredients
- 1 (125g) pataca
- 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
- 25 g pemento verde
- 25 g chícharos
- 40 g mexillóns
- 25 g cebola
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Refogar o allo, a cebola e o pemento verde picados no aceite sen que tome cor. Engadir a pataca en dados. Engadir o caldo de peixe e os chícharos deixando cocer 10 min. Antes de retirar, engadir os mexillóns sen casca.
Notes
Vantaxes:
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.
O mexillón aporta proteínas de boa calidade, contén pouca cantidade de lípidos, polo que o seu valor calórico non é moi elevado. Destaca o seu contido en iodo, ferro, calcio, sodio, fósforo e magnesio. Ademais é fonte de vitaminas do grupo B, especialmente ácido fólico, e vitamina E. Inconvenientes:
A pesar do seu contido en vitamina C, pérdese a maior parte desta vitamina co pelado, e o resto durante o proceso de cocción.