Print

Agulla de tenreira estufada

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g tenreira agulla
  • 1 (100g) pataca
  • 1 vaso (250 mL) caldo carne
  • 60 mL viño tinto
  • 30 g cebola
  • 30 g cenoria
  • 25 g salsa tomate
  • 20 g porro
  • 1 dente (5g) allo
  • 10 g fariña
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cortar a carne en anacos non moi grandes, salgar, pasar por fariña e dourar nunha tixola nun pouco de aceite moi quente. Pasar a unha pota. Nesa tixola dourar as verduras picadas en dados non moi pequenos. Engadir viño á carne e deixar reducir. Engadir as verduras e o tomate. Mollar co caldo e cocer ata que a carne estea tenra. As patacas córtanse en dados e frítense lixeiramente para engadir ao final á carne.

Notes

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.