Print

Repolo cocido

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 150 g repolo
  • 50 g cenoria
  • 30 g xamón serrano
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar, cortar en dados grandes o repolo e lavar. Separadamente, nunha pota refogar no aceite as cenorias en rebandas e o xamón. Engadir o repolo. Cubrir con auga e cocer ata que estea tenro. Escorrer e servir quente. Pódese aliñar con aceite virxe e vinagre na mesa.

Notes

Vantaxes:
O repolo destaca pola elevada presenza de auga na súa composición. Este alimento aporta ó organismo potasio, magnesio, calcio e vitaminas. Contén boas cantidades de fibra e hidratos de carbono, fundamentais para a recuperación de enerxía e resistencia físicas. Ademais, o repolo presenta betacaroteno ou provitamina A, vitamina C, E, niacina e folatos. A transformación do betacaroteno en vitamina A axuda á visión, ó bo estado das mucosas, cabelo, pel, ósos e ó bo funcionamento do sistema inmunolóxico.