Print

Crema de verduras con fideos

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 1/2 vaso (120 mL) auga
  • 1/2 vaso (120mL) leite desnatado
  • 40 g cenoria
  • 40 g cabaciño
  • 30 g porro
  • 30 g pataca
  • 25 g cebola
  • 15 g fideo fino
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Refogar no aceite de oliva o branco de porro, a cebola, a cenoria e a pataca todo cortado en dados. Engadir o auga e o leite. Cando comece a ferver engadir o cabaciño con pel troceado. Deixar cocer lentamente 15 minutos. Triturar e pasar por chinés. Ferver de novo e cocer uns fideos finos durante 5 min. Dar o punto de sal. Non debe resultar moi espesa.

Notes

Vantaxes:
A combinación de porro, cabaciño, cenoria, pataca e cebola aporta ó organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C, e minerais tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Ademais presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte ós radicais libres que provocan o envellecemento celular.