Print

Fideos negros con luras

Course Segundo prato

Ingredients

  • 50 g fideo groso
  • 80 g luras
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 40 g gambas
  • 40 g mexillóns
  • 20 g salsa tomate
  • 15 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 2 g tinta lura
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Nunha cacerola quentamos o aceite e engadimos o allo e a cebola picados. Refogar e engadir a lura en tiras deixando facer uns minutos. Engadir a pasta e o tomate removendo. Engadir a tinta e o caldo necesario para a cocción. Cando comece a ferver engadir as gambas e os mexillóns. Rectificar de sal e deixar cocer ata que os fideos queden "ao dente".

Notes

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. Ai que engadir o aporte en proteínas de alto valor biolóxico e en minerais das luras, gambas e mexillóins. Destacar tamén o contido destes alimentos mariños en iodo, ferro, calcio, sodio, fósforo e magnesio. Ademais, é fonte de vitaminas do grupo B, especialmente ácido fólico, e vitamina E.
Inconvenientes:
As luras non son recomendables en persoas con colesterol alto e con hipertensión, porque presenta altos porcentaxes desta substancia.