Print

Bertorella en salsa verde

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g bertorella
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 30 g cebola
  • 20 g chícharos
  • 10 g espárrago
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Preparar unha salsa verde: refogar en aceite o allo e cebola picados sen que tome cor. Engadir un pouco de fariña e caldo de peixe. Deixar cocer 10 min. e engadir perexil picado. Cocer a bertorella ao vapor e cubrir coa salsa. Acompañar dunhas patacas redondas cocidas, chícharos e espárrago.

Notes

Vantaxes:
A brótola ou bertorella, nome polo que se coñece comercialmente a esta especie, é un peixe branco, aínda que dependendo da época e do seu tamaño tamén se lle pode considerar peixe semigraxo. Os peixes brancos son baixos en graxas; ricos en proteínas de alto valor biolóxico e posúen diferentes vitaminas e minerais. Destacan polo seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). En relación aos minerais, os peixes brancos posúen potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.