Cardo refogado con xamón
Ingredients
- 150 g cardo
- 20 g xamón en taquiños
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Limpar o cardo de fíos e terra, e cortar ao ancho. Introducir en auga con limón e fariña (unha cullerada). Cocer ata que estea tenro e escorrer. Separadamente, refogar en aceite o allo picado e o xamón cortado en taquiños e engadir a hortaliza. Remover e servir quente.
Notes
Vantaxes:
A composición nutricional do cardo é similar á da alcachofa. Presenta un modesto contido en hidratos de carbono, dos cales a maior parte é inulina, un tipo de fibra soluble; e o seu aporte en proteínas e lípidos é pouco significativo. En relación aos minerais, o cardo contén maior cantidade de calcio e ferro que outras verduras. O cardo presenta propiedades coleréticas, hepatoprotectoras e diuréticas, entre outras, debido ao seu contido en cinarina e inulina, substancias que tamén se atopan na alcachofa.